• Galego
  • Español
  • English
Concello de Covelo
Covelo, en tódolos sentidos

O concello de Covelo ofréceche unha nova posibilidade para coñecer e gozar do seu patrimonio etnográfico e paisaxístico. Muíños, levadas, serras, serradoiros, cruceiros e ríos mestúranse con historias e lendas destas terras.


Desde aquí tes a oportunidade de descargar a túa audioguía en mp3, en diversas linguas e sen esforzo ningún. Elixe a túa ruta, descarga os arquivos de audio no teu reprodutor mp3 e faite cun mapa do percorrido (podes imprimilo ou conseguilo no Concello).


A medida que camiñas e avanzas no percorrido poderás ir descubrindo todo canto ofrece este municipio. Un anticipo? Información do Concello


Nesta páxina tes a túa disposición:

  • Aproximadamente unha hora de audio en castelán, galego e inglés ao longo de catro rutas:
  • Mapas das rutas cos principais puntos de interese para guiarte e que non te perdas no teu percorrido
  • Historia, lendas, arte, anécdotas, gastronomía... todo o que necesitas saber para disfrutar da túa visita

Aquí podes ver o mapa de situación das Rías Baixas en Europa, e de Covelo na provincia de Pontevedra:

Mapa de situación