A ruta da Poza de Piñeiro transcorre pola Serra do Suído, un contorno natural condicionado por unha xeografía agreste. A serra é un dos elementos naturais que, xunto ao río Tea, define o territorio de Covelo, o que fai deste concello, un lugar de alto valor natural. O Suído é unha das serras galegas que alberga poboacións de lobo. Destaca a existencia da poza que dá nome á propia ruta. Na súa orixe foi construída para regar os labradíos do lugar de Piñeiro, mais na actualidade é considerada un lugar de interese natural. O traxecto ofrécenos a posibilidade de gozar dunhas vistas privilexiadas sobre o val do río Tea.
- Denominación da ruta: Ruta de Poza Piñeiro
- Tipo de percorrido: lineal
- Punto de partida: Lugar de Piñeiro
- Punto de chegada: Poza de Piñeiro
- Dificultade: media - alta
- Lonxitude: 7 quilómetros
- Tempo aproximado: 2 horas e media
















