Axenda
23/10/2023
Bando - O Programa Galego de Detección Precoz do Cancro de Mama.
A Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, en colaboración coa AECC, inicia a súa campaña no Concello de Covelo os días 23,24,25 e 26 de outubro do 2023.
18/10/2023
Galicia Saber a Mar
A Consellería do Mar da Xunta de Galicia pon en marcha unha campaña de promoción a bordo de catro furgonetas (foodtruck) enfocada en facer degustación de produtos do mar e da terra.
11/10/2023
Admitididos/as Cursos 2ª fase VII Plan Formación 2023
08/10/2023
Roteiro Guiado "AQA"
Domingo, 8 de outubro de 2023
Os roteiros guiados do ano 2023 son actividades turístico-deportivas do Concello de Covelo e Deputación de Pontevedra, guiados polo guía de montaña, biólogo e fotógrafo Julio Eiroa.
Inscricións e información dende o luns 2 de outubro ata esgotar as prazas no teléfono 654.500.652.
Número de prazas limitadas a 20 participantes.
08/10/2023
Teatro no Auditorio Municipal de Covelo.
Co programa "Tornar ás táboas" da Deputación de Pontevedra desfrutaremos dunha tarde de teatro para publico familiar coa obra de teatro "A Illa da Deslembranza".
Domingo 08.10.2023 ás 19 h. no auditorio municipal de Covelo.

[1495 noticias - Página 17 de 299]   [anteriores] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [siguientes]

 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade