A 9 km da capital municipal, está situada na faldra da Serra do Suído (Espazo Natural protexido). Un dos seus puntos de máis interese atopa en A Guía de Piñeiro (cota de 500 m) lugar onde existe unha capela sobre un castro sen levantar e onde foi achada por un afeccionado un acha da idade de bronce.Tamén podemos atopar con cruceiros, unha vía empedrada.
Dende o devandito cume divísase perfectamente a parroquia e as numerosas fragas que hai. É un atractivo ver o movemento das súas xentes traballando.
Os seus barrios e lugares son: A Bazoca, O Cabo, Os Carballos, O Couto Pequeno, O Cruceiriño, O Cruceiro, A Curuxeira, O Eido do Crego, O Lanxedo, O Medio Eido, O Piñeiro da Igrexa, O Piñeiro de Areas, O Portal, O Regueiro, O Souto, A Torre e O Zacalledo.