Gastronomía
Galicia é, famosa pola súa excelente gastronomía e o municipio de Covelo é un claro exemplo das excelencias da cociña galega: as mellores carnes, de caza e gando, así como o peixe de río, como a exquisita lamprea, figuran entre as súas especialidades.
gastronomiaO desenvolvemento local pasa pola gandería e o mellor exemplo dela é a existencia da pura raza loura galega pastando en numerosos puntos do municipio.

Por tradición pura, o xamón, o chourizo caseiro e a cacheira de porco teñen especial sabor en toda a zona do Paradanta. Tamén a carne de vacún, especialmente a "loura galega", adquire un sabor moi especial na bisbarra.

O año, que durante moitos anos foi en Covelo o manxar das vodas e días de festa, é hoxe a máis prezada perla da súa gastronomía autóctona. A súa preparación sinxela foi herdada das bisavoas, que coidaban moito das carnes tenras dos años para que se puidese apreciar todo o seu sabor.

Outra das mostras de supervivencia é a "carne ó caldeiro ", que non é máis que carne cocida con patacas e "unto" ou graxa de porco, pero que adquire categoría de prato de catro garfos se é preparado en Covelo.

Os típicos cocidos galegos tamén están presentes na gastronomía de Covelo e porque non as troitas do Tea, tan buscadas e prezadas para degustar cos viños de Barcia de Mera , que na fronteira da Denominación de Orixe, adquiren gustos a un particular "Condado", afroitados, suaves e lixeiramente aromáticos.

Outra das claves da gastronomía de Covelo está na caza. No municipio existen varios cotos nos que abunda o coello e máis raramente a perdiz. Ao longo do ano tamén se celebran varias batidas autorizadas de xabarís, obténdose magníficos exemplares.

Coa chegada dos primeiros fríos, a partir do mes de novembro, prodúcese un acontecemento aínda común en todo o rural galego: A matanza. Gracias a esta tradición tan arraigada, en boa parte dos restaurantes do termo pódese gozar de substanciosos cocidos caseiros e, por suposto, do lombo de porco, chourizos de carne e cebola, touciños, cacheira, óso de Xoán , petelos e unha longa lista dos mellores productos do campo.

Algunhas das nosas Casas de Comidas están especializadas no año, outras céntranse no mencionado cocido, por encarga, para garantir mesa e dar tempo a buscar maior calidade nalgúns dos seus ingredientes. Tamén se pode atopar lamprea rechea, carnes vermellas e de tenreira da mellor calidade, tapas e comidas caseiras, ovos e galiñas de curral e un longo etcétera de calidade.


Establecementos hostaleiros en Covelo

Bares e cafés
O Buraco (Covelo) .........................................................................986 650 247
Tele­Club (Barciademera) ............................................................. 986 668 013
Gómez (Covelo) ............................................................. ............. 986 650 064
Casa Carballo (Piñeiro) ................................................................ 986 667 191
Tamara (Godóns) ......................................................................... 986 668 688
Casa Nardi (Paraños) ................................................................... 986 650 096
Plaza (Maceria) ............................................................................. 986 668 719

Restaurantes
O Buraco (Covelo) .........................................................................986 650 247
Restaurante Casa Costa (Covelo) ................................................ 986 650 032
Restaurante Lemos (Hermida,­ Covelo) ......................................... 986 650 034
Restaurante Tea (Maceira) ........................................................... 986 668 731
Restaurante La Pradera (Paraños) ............................................... 986 645911

Aloxamentos de turismo rural e similares
Rectoral de Fofe (Fofe) ................................................................  986 668 750
Rectoral de Prado (Prado)............................................................. 986 668 750
Alentea Albergue Rural (Mera, ­Barciademera)............................... 986 668 134
Hostal Rural A Parigueira da Forxa (Maceira)................................ 986 668 755
Hostal Casa Costa (Covelo) .......................................................... 986 650 032

 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade