O EMAS (Eco-Management and Audit Scheme, ó Reglamento Comunitario de Ecoxestión e Ecoauditoría) e unha normativa voluntaria da Unión Europea que recoñece a aquelas organizacións que implantasen un SGMA (Sistema de Xestión Medioambiental) e adquiriron un compromiso de mellora contínua, verificado mediante auditorías independentes. As organizacións recoñecidas có EMAS -xa sexan compañias industriais, pequenas e medianas empresas, organizacións do terceiro sector, administracións e organizaciones internacionais (incluidas a Comisión Europea e o Parlamento Europeo[1] )- teñen unha política medioambiental definida, fan uso dun sistema de xestión medioambiental e dan conta periódicamente do funcionamento de dito sistema a través dunha declaración medioambiental verificada por organismos independentes. Estas entidades son recoñecidas có logotipo EMAS, que garantiza a fiabilidad da información dada por dita empresa.
A implantación do EMAS nunha empresa u organización faise mediante algunhas etapas descritas a continuación.
Contido |
O compromiso da alta dirección (non é o mesmo que a definición dunha política medioambiental concreta) é unha declaración de intencións polas cales asúmese a intención de correxir, adecuar e manter unha política organizativa que incorpore o factor medioambiental como parte importante na sua estructura.
Os factores que inducen á decisión de implantar o EMAS poden ser variados, como adecuación á lexislación, mellorar a imaxe da organización ou introducir un elemento diferenciador que lle dé mais valor á organización.
A implantación do EMAS non é unha tarea trivial, e require estudiar a fondo a estructura da organización implicada e ver cómo se vai a modificar dicha estructura para adecuarse os requisitos que o EMAS impón.
O segundo paso é facer un diagnóstico medioambiental, no que se identifica o comportamiento da empresa e ver qué necesidades vai a cubrir o SGMA implantado. Deben revisarse algúns aspectos básicos:
A política medioambiental defínese como "unha declaración pública e formalmente documentada, por parte da dirección da organización, relativa as intencións e principios de acción da organización acerca da sua actuación medioambiental, na que se destacan os seus obxectivos xerais, incluindo o cumplimiento de tódolos requisitos normativos correspondentes o medio ambiente, e que proporciona un marco para a sua actuación e o establecemento de ditos obxectivos e metas".