Arquivo Municipal de fotos históricas
O Concello de Covelo está traballando no proceso de recompilación de fotos históricas representativas de lugares, paisaxes, romarías, festas, actos ou persoeiros senlleiros do noso municipio. Dito traballo complementarase mediante doazóns desinteresadas dos veciños e veciñas e finalizado o mesmo premiaranse as tres mellores fotos históricas en función da calidade compositiva, antigüidade, valor da información histórica ou etnográfica e importancia dos actos ou persoeiros representados.

O proceso de doazón das fotografías poderase facer de forma persoal nas oficinas do Concello, na Biblioteca Municipal ou a través da paxina web do concello na sección "Participación", axuntando identificación e datos de contacto da persoa, texto referido á fotografía (respondendo ás seguintes preguntas: Que representa a fotografía? Quen a fixo? En que data ou periodo histórico? Quen a posue na actualidade? Outros datos que se consideren relevantes) e copia da mesma.  

Anímase a tódalas persoas interesadas en participar na elaboración de dito arquivo a que aporten todas aquelas fotos históricas que consideren representativas da nosa colectividade como pobo, nos lugares mencionados ou ben neste enlace.




Cruceiro do Santísimo Cristo dos Aflixidos.
Autor cruceiro: Mestre Cerviño
Autor fotografía: descoñecido.
Año: 1899
Localización: Praza do Mestre Cerviño. COVELO
Cortesía familia Travadela Sampedro



Praza do Mestre Cerviño.
Autor fotografía: descoñecido.
Ano: años setenta.
Localización: Praza do Mestre Cerviño. COVELO



Construcción da ponte sobre o río Tea en Maceira.
Autor fotografía: descoñecido.
Ano: Aprox. 1930
Localización: Actual praia fluvial de Maceira. MACEIRA
Cortesía da familia Bouza.

 

 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade