Novas
ACTIVATE- CURSOS XUVENTUDE 2013
- 09/09/2013 -
O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DOS INTERESADOS/AS REMATARÁ O 27 DE SETEMBRO DE 2013.

Máis información, na oficina dos Servizos Sociais do Concello de Covelo de 9:00 a 14:00 horas (excepto os mércores).

ACTIVATE- CURSOS XUVENTUDE 2013 DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA


O programa consiste en ofrecer un curso formativo, ós mozos e mozas da nosa provincia, con idades comprendidas entre os 16 e os 35 anos (ambas incluídas).

Tamén poderán cursar a súa solicitude dentro do prazo establecido aquelas persoas que non cumpran o requisito de idade, pasando a formar parte da relación de agarda que será utilizada no caso de que houbese prazas vacantes.

O curso formativo, cunha duración de 40 horas, realizárase a través dunha empresa especializada na materia nas instalacións cedidas polo concello.

O curso seleccionado para este ano, é o seguinte:
CONSERVACIÓN DE ALIMENTOS CONSERVAS ARTESANAIS 

DOCUMENTACIÓN DOS MOZOS/AS

a)   Fotocopia do DNI.
b)  Tarxeta de demandante de emprego (no caso de tela).
 

O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DOS INTERESADOS/AS REMATARÁ  O 27 DE SETEMBRO DE 2013.

 

Máis información, na oficina dos Servizos Sociais do Concello de Covelo de 9:00 a 14:00 horas (excepto os mércores).

 

Covelo, 5 de setembro de 2013.




<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade