Novas
Ampliación das distancias permitidas para atender cultivos e viñedos en Galicia.
- 29/04/2020 -
No caso dos desprazamentos para atender cultivos ou viñedos considerados de autoconsumo, é dicir, sen fins comerciais, tendo presente a dispersión xeográfica existente en Galicia, permítese o desprazamento sempre que se realice dentro do mesmo termo municipal ou, de realizarse a outro termo municipal, non supoña unha distancia superior a 5 km da súa vivenda habitual e así o declare responsablemente a persoa que realiza esas actividades agrarias non profesionais.
CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL. Orde do 27 de abril de 2020 pola que se modifica a Orde do 23 de marzo de 2020 pola que se adoptan medidas de carácter obrigatorio en relación co COVID-19, en cumprimento do acordo do Centro de Coordinación Operativa da Emerxencia Sanitaria na Comunidade Autónoma de Galicia (Cecop), do 18 de marzo, sobre a venda directa de produtos agrogandeiros nos mercados, a venda de produtos vexetais para a plantación en hortas de consumidores finais e o desprazamento de agricultores e viticultores para os efectos da realización de actividades agrarias.

Enlace á orde reguladora aquí.

Declaración responsable aquí.


 


<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade