Participación no fondo bibliográfico
O longo do ano a biblioteca de Covelo incrementa os seus fondos coa compra de material bibliográfico -a través do orzamento destinado polo concello de Covelo e das subvencións solicitadas á Xunta de Galicia-, unha para “mellora da colección da biblioteca” e outra destinada a “novidades editoriais en galego”.
Dende a biblioteca intentase realizar unha selección do material que sexa acorde coas peticións e necesidades da poboación do concello e dos usuarios da biblioteca. Por isto durante todo o ano, admítense suxestións e peticións de material bibliográfico por parte dos usuarios e persoas interesadas en algún tema, para que durante o ano pódase ir mercando o material, en canto sexa posible, por parte da biblioteca.
Animámosvos a suxerir eses títulos que consideredes imprescindibles nunha boa biblioteca.