Actualidade e Noticias



Covelo mellora o firme e a sinalización do camiño municipal de Redondo a Vilanova, Barcia de Mera
- 21/11/2022 -

As obras tiveron un custe total de 50.774€ no marco do plan de Mellora de Camiños Municipais de AGADER
O alcalde Pablo Castillo informa do remate das obras de mellora do camiño de Redondo a Vilanova, na parroquia de Barcia de Mera.

Para a mellora das condicións de viabilidade nesta pista de titularidade municipal renovouse a rodadura e a drenaxe xa que se atopaba en mal estado con moitos baches e danos provocados polas raíces das árbores, ademais de estar obstruídas as cunetas.

Para executar estes traballos procedeuse ao saneo do firme a través da retirada de raíces e posterior recheo e asfaltado con mestura bituminosa en quente. Tamén se colocou sinalización vertical e se pintaron tres stops nos puntos necesarios e garantir así maior seguridade vial.

As obras tiveron un custe total de 50.774,65€ con cargo ao Plan de Mellora de Camiños Municipais 22-23 de AGADER .

O goberno do Concello de Covelo continúa na súa aposta por servizos e infraestruturas públicas de calidade que faciliteno día a día da veciñanza.

 



<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade