Actualidade e Noticias



Maceira, Covelo, celebra o seu entroido este sábado
- 18/04/2024 -

Será a partir das 17:30 horas cun desfile individual e por grupos, o concurso de baile, batalla de globos xigantes e merenda
A parroquia de Maceira, en Covelo, resístese a quedar sen celebrar o entroido. Por mor da choiva a Asociación de Veciños San Salvador de Maceira tivo que aprazalo pero agora que os ceos están despexados convidan a toda a veciñanza a disfrazarse e participar no seu desfile de entroido que terá lugar este sábado día 20 a partir das 17:30 horas.


Organizado en colaboración co Cocnello, as persoas interesadas en desfilar terán que presentarse na praza de Maceira ás 17 horas. Para obter máis información deberán contactar co número de teléfono 645 663 986. O desfile individual e en grupos comezará ás ds17:30 horas e a continuación, mentres o xurado delibera para outorgar o premio ao mellor disfraz, terá lugar o concurso infantil de baile “A Bailar” que entregará seis premios e contará coa animación de Animar-T. Despois terá lugar a entrega de premios do desfile e a entrega de agasallos doces ás nenas e nenos.


O entroido de Maceira rematará cunha batalla de globos xigantes e unha merenda para as nenas e nenos.




<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade