Actualidade e Noticias



Covelo suma máis de 90.000€ na mellora dos sistemas de cloración e abastecemento de auga potable
- 14/06/2022 -

O concello de Covelo aposta pola última tecnoloxía no subministro de auga potable para optimizar o servizo e ter un mellor aproveitamento dos recursos naturais
O concello de Covelo avanza no Plan Municipal de Abastecemento de auga e inviste 50.520€ en tecnoloxía de última xeración que garante unha mellora da calidade e do subministro de auga potable nos barrios de Baldomar e As Medelas, na parroquia de Santa Mariña e na parroquia de Santiago de Covelo no depósito que abastece ao casco urbano. Con esta actuación o goberno de Covelo aposta pola optimización do servizo e polo mellor aproveitamento dos recursos naturais.


Co obxectivo de seguir mellorando os servizos públicos ofrecidos á veciñanza, o goberno de Covelo leva investido nesta última lexislatura o total de 90.307,54€-€ na mellora do abastecemento de auga potable.


Nestes últimos meses actuouse no depósito que abastece os barrios de Baldomar e As Medelas instalando unha bomba dosificadora, un contador de impulsos e un novo depósito de cloro, entre outros mecanismos tecnolóxicos que permiten unha xestión da auga máis sostíble e unha óptima calidade da auga advertindo da baixada de calidade a través de sensores e medidores.

Co obxectivo de garantir a potabilidade das augas e cumprir co disposto na lexislación vixente realizouse unha importante actuación nos depósitos ubicados en Baldomar e Piñoi investindo un total de 32.514,38 en sistemas de cloración por lectura que emite aos sensores parámetros precisos do estado da auga.


O Concello realizou esta mesma acción nos depósitos Fontiñas 1 e Fontiñas 2 que abastecen o centro urbano investindo o total de 18.006€.


Para desinfectar e sanear a subministración canalizada da rede de abastecemento de auga potable procedeuse á instalación dun equipo para o control do sistema de cloración automático, mediante un panel de control de parámetros e unha bomba de recirculación para mesturar o cloro no depósito. Está instalación recompila datos en tempo real das medicións, e desta maneira emite impulsos para a correcta dosificación, facilitando e achegando en todo momento o cloro necesario no depósito e na rede, evitando o retorno de auga clorada polo sobrante.o control destas, garantindo a súa salubridade, calidade e limpeza, co fin de protexer a saúde das persoas dos efectos adversos derivados de calquera tipo de contaminación das augas.


Optamos por instalar un novo sistema de cloración automática cun panel analizador que recolle datos en tempo real das medicións, deste xeito emite pulsos para a correcta dosificación de cloro nos depósitos”, explica o alcalde Pablo Castillo.






<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade