ATENCION PRESENCIAL E CITA PREVIA
O Concello de Covelo permanece aberto en horario de 9:00 h. a 14:00 h. con acceso libre. Aquelas persoas que o consideren, poderán solicitar cita previa a través dos teléfonos de atención ao público tendo preferencia fronte ás que o fagan sen cita concertada. As formas de concertación de cita previa pode consultalas aquí.
Últimas novas
23 decembro 2023
IX Galardóns "Síntete Covelo 2023"
Aberta a convocatoria dos "IX Galardóns Síntete Covelo", coa finalidade de facer público o recoñecemento á traxectoria de persoas ou entidades que leven a cabo proxectos destacados e relevantes para o noso Concello e para Galicia. Terase en conta a súa contribución á creación, as artes, a ciencia ou humanidades, o deporte, o medio ambiente e a conservación do noso entorno e a nosa paisaxe.
18 novembro 2023
IV Concurso Fotográfico Calendario Concello de Covelo 2024
A temática para o concurso fotográfico será "Covelo, Turismo, Cultura e Patrimonio". Prazo de admisión concurso e para presentar as fotografías remata venres 17.11.2023 ás 13.30 h. na biblioteca municipal
08 outubro 2023
Teatro no Auditorio Municipal de Covelo.
Co programa "Tornar ás táboas" da Deputación de Pontevedra desfrutaremos dunha tarde de teatro para publico familiar coa obra de teatro "A Illa da Deslembranza". Domingo 08.10.2023 ás 19 h. no auditorio municipal de Covelo.
25 setembro 2023
Curso Carné de conducir B e C+CAP
Programa de formación do Concello de Covelo 2023 no Proxecto de Inserción Laboral en Mulleres de Especial Vulverabilidade.
23 setembro 2023
Observación Estelar no Alto do Castelo do Faro
Roteiros guiados e observación estelar no Alto do Castelo do Faro (Paraxe Starlight) 0 23 de setembro xornada de Observación Estelar. Saída ruta: Igrexa San Salvador de Prado (Covelo) ás 18h, subida ao Faro e observación dende 23:00h ata 02:00h. Reservar: 622.676.355.(Jesús FeGAR)
23 setembro 2023
Travesía da Vía Mariana ao seu paso por Covelo o 23 e 24 de setembro de 2023
A intención é camiñar parte das etapas 7 e 8 da Vía Mariana. - Sábado 23 de setembro: Comezaremos no Alto da Coroación (A Franqueira - A Cañiza) para chegar ata o centro de Covelo. - Domingo 24 de setembro: Comezamos en Covelo ata a Portela do Foxo, entre os concellos de Covelo e Fornelos de Montes. --> Existe a posibilidade de realizar as dúas etapas consecutivas pernoctando con saco e estera nas instalacións do pavillón municipal de Covelo, ou só inscribirse a unha das etapas. --> Minibús de recollida ao final da etapa 8 con retorno a Covelo.
19 setembro 2023
Axudas natalidade e material escolar 2023/24
Axudas natalidade: Importe de 500€. Prazo de solicitude dende o 19 de setembro ata o 1 de decembro de 2023. Axudas material escolar: Importe de ata 125€ por alumno. Prazo de solicitude dende o 19 de setembro ata o 9 de outubro de 2023.
16 setembro 2023
VII TORNEO TROFEO CRUCEIRO DE COVELO
Sábado 16.09.2023 no pavillón municipal de Covelo.
Máis novas
Destacamos
Sede eléctronica / Emprego público
Sede electrónica Emprego público
Transparencia e participación
 
Taboleiro de anuncios
Axenda de eventos
Máis eventos
 
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade