ESPAZO COVELO. Eficiencia Enerxética en edificio mestres Covelo.
O Concello de Covelo executou o proxecto “Mellora da eficiencia enerxética e autoconsumo nas antigas Casas dos Mestres”, financiado polo Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE), organismo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, no marco do Programa DUS 5000 do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.
O proxecto contempla unha rehabilitación integral do conxunto das antigas vivendas dos mestres, que inclúe tanto actuacións enerxéticas como construtivas e de mellora funcional, co obxectivo de transformar o inmoble nun espazo moderno, eficiente e socialmente útil.
Rehabilitación das antigas Casas dos Mestres de Covelo
Financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU
Programa DUS 5000 – Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia
O Concello de Covelo executou o proxecto “Mellora da eficiencia enerxética e autoconsumo nas antigas Casas dos Mestres”, financiado polo Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE), organismo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, no marco do Programa DUS 5000 do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.
O investimento total ascende a 1.017.413,64 €, cunha axuda concedida de 866.214,28 €.
Actuacións previstas
O proxecto consistiu unha rehabilitación integral do conxunto das antigas vivendas dos mestres, que inclúe tanto actuacións enerxéticas como construtivas e de mellora funcional, co obxectivo de transformar o inmoble nun espazo moderno, eficiente e socialmente útil.
As principais intervencións son:
- Rehabilitación da envolvente térmica do edificio, con illamento térmico exterior (SATE) e interior en fachadas, cubertas e solos, mellorando o confort e reducindo a demanda enerxética.
- Substitución de tódalas carpinterías e ocos por elementos de altas prestacións térmicas e acústicas.
- Renovación completa da iluminación interior mediante luminarias LED de baixo consumo.
- Instalación dun sistema de ventilación de dobre fluxo con recuperación de calor, garantindo unha mellor calidade do aire interior.
- Creación dunha instalación fotovoltaica de 47,5 kW en cuberta, en modalidade de autoconsumo colectivo, que abastecerá as vivendas e os novos espazos de coworking.
- Implantación de sistemas de aerotermia con chan radiante e acumuladores de auga quente, para calefacción e ACS, substituíndo os antigos sistemas eléctricos.
- Reforma integral dos interiores das seis vivendas, adaptando os espazos para uso residencial e para o novo centro municipal de coworking, mellorando acabados, pavimentos, revestimentos e instalacións.
Obxectivos e resultados
Esta actuación permitirá reducir as emisións de 32,77 teqCO2/m² año a 0,23 teqCO2/m² ano, o que supón un aforro dun 99,30%, acadando unha calificación enerxética A cun aforro dun 99,26% anual.
Grazas a este proxecto, Covelo contará con catro vivendas sociais municipais e dous espazos de traballo compartido (coworking) equipados con tecnoloxías sostibles, impulsando a innovación e o emprendemento local.
Resumen de redución de emisións, aforros enerxéticos e cualificación enerxética dos edificios

