Actualidade e Noticias



Covelo adquire un novo camión para o tratamento e recollida do lixo
- 11/08/2022 -

O novo vehículo foi adquirido con fondos propios do Concello por un importe de 145.200€
O alcalde de Covelo, Pablo Castillo, informa que o Concello vén de adquirir un novo camión para a recollida do lixo. Este novo vehículo foi adquirido con fondos propios do Concello por un importe de 145.200€.


O novo camión do lixo súmase aos dous vehículos existentes para a recollida de contedor verde e selectiva. A boa xestión económica do concello permite que vaimos implementando melloras que repercuten na calidade de vida das persoas da nosa vila.


Destinado á recollida e tratamento de residuos o novo camión do lixo ten unha capacidade máxima de carga de 18.000kg e unha tolva compactadora para 12m3, caixa de cambios automática para seis velocidades, aire acondicionado, cámara traseira e espazo para tres persoas na cabina.


Entre outras moitas características, o chan da caixa contará cunha bandexa para a recollida de lixiviados que serán extraídos por medio dunha válvula con billa exterior da caixa do lado dereito. A tolva estará dotada duna válvula con billa para a retirada de líquido no súa parte inferior dereita


O equipo está equipado cun sistema de uso en función manual para os casos nos que os sistemas automáticos se avaríen co fin de que o vehículo poida terminar a recollida e/ou descarga en tal caso.


Tamén conta con estribeiras pregables con control de presencia mediante detector de peso e goma de protección, o vehículo apagarase cos estribos baixos no momento no que se active a marcha atrás conforme a norma UNE 1501.


Ademais ten un limitador a 30 km/h e inhibición de marcha atrás con operario en estribeira conforme a esta mesma norma.



<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade