Actualidade e Noticias



Xoga cos sentidos no campamento de verán da finca de A Seara, en Covelo
- 18/08/2022 -

A fundación Eomaia e A Seara en colaboración co Concello de Covelo organizan un campamento de verán con actividades de meditación, pintura, música, escultura e danza
Se tes entre 5 e 12 anos este verán poderás vivir unha experiencia única inmerso na natureza. A finca A Seara, ubicada no barrio da Ermida en Covelo, ofrece do 22 ao 26 de agosto un campamento de verán no que xogar coa arte e coa natureza.


O campamento “Xogando cos sentidos” realizará obradoiros de pintura, música, escultura e danza, ademais de permitir estreitar vínculos cos cabalos.


En horario de mañá, de 10 a 14 horas, as e os participantes entrarán en contacto coa natureza, realizarán exercizos de meditación, xogos e todo tipo de actividades lúdico-didácticas.


Organizado por A Seara e Eomaia en colaboración co Concello de Covelo, as persoas interesadas poderán atopar máis información na páxina da Fundación Eomaia tamén se pode contactar a través do enderezo electrónico fincaaseara@gmail.com




<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade